top of page

CRÓNICA – AMISTOSO PRETEMPORADA (BRA 4-2 NPA) | Derrota en Braga

Os noieses nunca estiveron cómodos contra un conxunto luso que impuxo a súa lei e soubo levar o partido a un terreo moi físico. O sábado 19, revancha no Mourís ás 19:00h.

Power intenta un pase durante un lance do choque (foto: Manuel Lorenzo)

O segundo amistoso de pretemporada do Noia Portus Apostoli FS saldouse con derrota na pista do Campus Gualtar de Braga, de onde Tomás de Dios e o seu corpo técnico saen con varios aspectos subliñados para mellorar nas próximas citas previas ao inicio ligueiro.

E é que o cadro noiés, aínda que voluntarioso e esforzado, amosou unha cara menos positiva á vista en Ferrol, máis espeso na circulación e incómodo ante o xogo excesivamente físico plantexado por un SC Braga que aproveitou a situación para poñerse cun 3-0 no minuto 11 de partido.

O gol de Power Raggiati de penalti no 17’ abriu a esperanza de cara á segunda metade, acrecentada polo 3-2 de Rufino na primeira oportunidade clara da reanudación. Desafortunadamente, os de Joel Rocha apagarían a reacción pronto, facendo bo un erro do Portus Apostoli en saída de presión e colocando así o 4-2 que resultaría definitivo, a pesar dos numerosos intentos do Noia por intentar reengancharse ao marcador.


En catro días, o sábado 19 ás 19:00h no Agustín Mourís os de Tomás de Dios terán a oportunidade de intentar corrixir os seus erros e, ademais, de tomarse a revancha nun novo duelo ante os lusos, no que será o terceiro amistoso de pretemporada.


 


Ficha técnica


Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Power Raggiati, Lluc (c), Douglas e Rufino. Tamén xogaron Iván (p), David Pazos, Álex García, Pirata, Nico Rosa, Pola, Matheus Preá e Pau.


SC Braga:

Goles: 1-0 Deivd (4’), 2-0 Ítalo (9’), 3-0 Ítalo (11’), 3-1 Power Raggiati, de penalti (17’), 3-2 Rufino (21’), 4-2 Robinho (22’).


Os colexiados amoestaron con tarxeta amarela ao visitante Power Raggiati (24’).

Incidencias: partido amistoso de pretemporada, disputado no Pavilhao Desportivo Campus Gualtar de Braga a porta pechada.

Commentaires


bottom of page