O Portus Apostoli regresa á senda da vitoria ante Caxinas, nun duelo pechado e que non se decidiu ata o final.
Este sábado 26 ás 20:00h, conclusión á pretemporada co VI Trofeo Portus Apostoli contra o Eléctrico FC. Merca AQUÍ a túa entrada.
Vitoria no último desprazamento da pretemporada, nun Municipal de Vila do Conde no que o Noia Portus Apostoli FS impúxose a un competitivo ADCR Caxinas Poça Barca, no que foi un encontro axustado e pechado.
Con moita rapidez e intensidade discorreron os primeiros minutos de xogo. Iso si, sen ningunha ocasión clara que destacar. Ata o tiro de Lluc, no minuto 10, tranquilidade casi total en ambos marcos. Terminou por rompela definitivamente Nico Rosa, empuxando á rede o servizo ao segundo pau de Álex García no 11’.
Apretou Caxinas nos minutos previos ao descanso para buscar o empate, pero a oportunidade máis clara teríana ao minuto da reanudación, cun penalti por man de Pazos. Emerxeu Henrique para apagar o lume, adivinando as intencións de Raúl Moreira no lanzamento.
Practicamente na acción posterior, Rufino gozou dunha gran ocasión que preto estivo de ser o 0-2. Un oasis dentro dun partido no que ao Noia lle custou xerar arriba, en parte tamén por uns minutos nos que subiu a temperatura do choque e baixou o ritmo e a intensidade, cos dous conxuntos chegando ás cinco faltas.
Nese contexto, abriuse un poco o xogo e chegaron máis ocasións. Moi clara foi a de Simao, quen convertiu o que debía ser o 1-1 nun oportuno despexe para a defensa noiesa, xa totalmente superada. Tamén o tentaron Matheus Preá, Edu Jabá e Pau, sen sorte.
Aproveitou Nuno Silva, técnico do Caxinas, un tempo muerto para introducir a Márcio Moreira como porteiro-xogador. Tiveron unha, por medio de Milton Dias, antes de que Lluc electrocutara a circulación lusa para axustizar a porta baleira co 2-0 definitivo, xa no 39’ de partido.
A xa menos de dúas semanas do inicio ligueiro en Cartaxena, aos de Tomás de Dios só lles resta un compromiso amistoso. Será o VI Trofeo Portus Apostoli (entradas á venda, AQUÍ), este sábado 26 ás 20:00h no Mourís ante outro equipo portugués, o Eléctrico FC. A última proba antes de que Noia arranque a súa segunda viaxe na elite do fútbol sala nacional.
Ficha técnica
ADCR Caxinas Poça Barca: Tiago Sacramento (p), Raúl Moreira (c), Márcio Moreira, Rodrigo Simao e Tiago Fernandes. Tamén xogaron Rui Cardoso (p), Bruninho, Tiaguinho, Renan Fuzo, Francisco Oliveira e Milton Dias.
Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Pola, Douglas, Edu Jabá e Matheus Preá. Tamén xogaron Iván (p), Power Raggiati, Lluc (c), David Pazos, Rufino, Attos, Álex García, Pirata, Nico Rosa e Pau.
Goles: 0-1 Nico Rosa (11‘), 0-2 Lluc (39’).
Os colexiados amoestaron a Matheus Preá (28’) e Edu Jabá (30’).
Incidencias: partido amistoso de pretemporada, disputado no Municipal de Vila do Conde ante a presenza duns 250 espectadores.
Comments