Cristhian Fernández seguirá á fronte da área de psicoloxía do Noia Portus Apostoli FS
- Departamento prensa Noia PA FS
- Aug 30, 2024
- 1 min read

Venres, 30/08/2024 · 19:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O ourensán proseguirá coa súa actividade iniciada o pasado mes de xaneiro.
Cristhian Fernández (Ourense, 1988) encargarase tamén nesta temporada 2024/2025 da área de psicoloxía do Club, implementada o pasado mes de xaneiro nunha clara proba do avance da estructura do mesmo coa intención de darlle a merecida importancia ao aspecto mental no deporte de alto rendemento.
A incorporación do psicólogo deportivo no ecuador do anterior curso foi acollida con alegría no seno do equipo noiés e supuxo unha ferramenta moi valiosa para axudar á consecución dos obxectivos finais, máis tendo en conta o complicado contexto que se afrontaba, mediante exercicios e dinámicas tanto individuais como grupais.
Moi felices de continuar polo mesmo camiño unha temporada máis, Cristhian!
Comments