Con Tomás de Dios á cabeza, este será o equipo técnico ao mando do plantel do primeiro equipo noiés para a nova temporada.
Tomás de Dios – adestrador
O salmantino, anunciado como novo técnico o pasado 6 de xuño, estará á fronte do corpo técnico do primeiro plantel noiés. AQUÍ tes todo o que debes saber sobre o patrón do barco branco!
Manu Cossío – 2º adestrador
O pasado 5 de xullo o arousán era anunciado como a man dereita de Tomás de Dios para a segunda aventura noiesa na elite do fútbol sala nacional. Coñece todo AQUÍ sobre o novo segundo adestrador noiés!
David Palmas – adestrador asistente
Unha lenda do club, agora facéndose o seu oco no organigrama técnico. Este curso, ademais de manterse como coordinador da Escuela Deportiva, David Palmas tamén será un máis no corpo técnico noiés, encargándose dun apartado máis analista e de scouting que complemente o traballo de Tomás de Dios e Manu Cossío. Unha alegría seguir véndote crecer con nós, David!
Daniel Ventoso – delegado e encargado de material
De novo, e non podía faltar, contaremos con Daniel Ventoso como o encargado de que todo estea no seu sitio e en orde no Agustín Mourís e nos desprazamentos. Ademais, esta temporada tamén asumirá a responsabilidade de ser o delegado do primeiro equipo nos partidos. Un imprescindible, a por unha nova experiencia xuntos!
Juan Carlos Argibay – preparador físico
Juan Carlos Argibay únese ao corpo técnico noiés para ocupar o posto de preparador físico. Aínda que xoven, conta xa con certa experiencia, ao realizar esas funcións no pasado tanto no Poio Pescamar FS como no Umia CF. Benvido á túa nova casa, Juan Carlos!
Adrián González – readaptador
Tras regresar ao club, esta vez no outro lado da pista como preparador físico e readaptador, para a 23/24 Adrián González continuará no barco noiés. Continuamos da man a por outra temporada, Adri!
Darío Moure – fisioterapeuta
O santiagués asumirá o posto de fisioterapeuta por segunda temporada consecutiva, na que volverá a estar no día a día para tratar calquera molestia que poidan sufrir os xogadores. Encantados de seguir xuntos, Darío!
Adrián Gallego – traumatólogo
O primeiro equipo do Noia Portus Apostoli FS terá a honra de seguir contando cunha eminencia na traumatoloxía deportiva á cabeza do coidado da saúde dos seus xogadores. Outro curso máis, é todo un orgullo contar contigo, doutor Gallego!
Comments