top of page

Altamirano, Power e Nico Rosa, chamados para dous amistosos coa Selección Arxentina

Os encontros disputaranse no seu país, coa Selección de Vietnam como rival en ambos.

A temporada 2022/2023 non termina aínda para algúns xogadores do Noia Portus Apostoli FS. A Selección Arxentina de Matías Lucuix seleccionou a Leandro Altamirano, Power Raggiati e Nico Rosa para formar parte do equipo que afrontará dous partidos amistosos contra Vietnam.


Os duelos xogaranse o luns 12 de xuño e o mércores 14, ambos en Bos Aires. Moita sorte e a gozar da experiencia, rapaces!

bottom of page