O adestrador salmantino non continuará á fronte do primeiro equipo do Noia Portus Apostoli FS.
A dirección do Club determinou na tarde de hoxe relevar do seu posto como adestrador do primeiro equipo a Tomás de Dios López.
Ante a situación deportiva actual, o Club considera necesario realizar un cambio tomando esta difícil e moi meditada decisión, sempre buscando o mejor para o equipo e a Entidade.
A Xunta Directiva quere amosar o seu máximo agradecemento a Tomás pola súa profesionalidade e entrega durante a súa estadía no Club, desexándolle a maior das sortes no seu futuro persoal e laboral.
Comments