top of page

Lluc, Pirata e Power, capitáns do Noia Portus Apostoli FS 2023/2024

O galego e o argentino acompañan ao catalán, primeiro capitán por segunda temporada seguida, na liña que designa a responsabilidade de portar o brazalete.

Os tres capitáns co brazalete (foto: Manuel Lorenzo)

A capitanía do Noia Portus Apostoli FS 23/24 xa ten nomes. Tres, para ser exactos, son os xogadores elixidos capitáns do primeiro equipo noiés: Lluc, Pirata e Power Raggiati, quen son, ademais, os que máis tempo levan no equipo.

Por segunda campaña consecutiva, Lluc primeiro capitán

O catalán asumiu os galóns de primeir capitán no curso do histórico debut en Primeira División, e así o seguirá facendo no segundo, mantendo ese sentido de pertenza e orgullo pola camiseta branca do Portus Apostoli, na que é a súa quinta temporada no club, con máis de 120 partidos oficiais as súas costas cheos de grandes momentos.

Pirata, segundo capitán na súa cuarta temporada

O crecemento e madurez, tanto no deportivo como no persoal, do á-pivote lucense son unha obviedade que lle fixeron gañarse o respecto e a admiración de propios e alleos, así como a admiración dunha afección noiesa que estará contenta de ver de volta a un galego na xerarquía do brazalete. Esta campaña, se todo vai ben, alcanzará o centenario de encontros.

A garra arxentina, representada en Power

Se Pirata chegou a Noia en xullo de 2020, medio ano máis tarde fixo o propio Power Raggiati, o terceiro xogador con máis temporadas no club do actual plantel, tras os propios Lluc e Pirata. O peche, como bo arxentino, representa á perfección o ADN da competitividade e o nunca darse por vencido, algo que demostrou nas súas anteriores tres campañas defendendo a branca do Portus Apostoli e que foi peza clave nos logros dos últimos cursos.

Commenti


bottom of page