top of page

Pirata, Power e Pazos, os capitáns do Portus Apostoli 24/25


Venres, 11/10/2024 · 19:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os galegos e o arxentino serán os máximos representantes do vestiario branco.


O Noia Portus Apostoli FS 2024/2025 xa ten aos seus tres capitáns. Pirata, Power Raggiati e David Pazos serán os encargados de portar o brazalete esta temporada, co lucense estreando a responsabilidade de primeiro capitán.


Coa saída de Lluc este pasado verán, Pirata pasa de segundo a primeiro capitán. O á-pivote de 24 anos xa sabe o que é lucir o brazalete en partido, pero agora farao coa máxima condición e o orgullo de, como galego, asumir ese compromiso.


Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Pola súa parte, Power Raggiati ascende de terceiro a segundo capitán, na que, ao igual que Pirata, será a súa quinta temporada no Club, o que converte tamén ao arxentino nun dos veteranos do equipo.


A novidade é David Pazos. O de Ames entra na xerarquía de capitáns na súa segunda temporada no bloque noiés, avalado pola súa ampla experiencia ao máis alto nivel, ademais da súa condición de galego.

Comments


bottom of page