top of page

#ilusioNOIAte | Campaña de abonados temporada 2023/2024



O Noia Portus Apostoli FS inicia a súa segunda temporada consecutiva na elite do fútbol sala nacional, e, despois de deixar de imaxinar e facer historia no debut con logros como meterse no PlayOff polo título de Liga, na 2023/2024 comeza unha nova era na que toca continuar dando guerra entre os mellores do mundo cheos de ganas e, sobre todo, ilusión!

As renovacións de abono realizaranse entre o xoves 15 de xuño e o sábado 15 de xullo, tanto no local social do club (rúa Carcasía, 7, Noia) como na nova plataforma online, noiafs.compralaentrada.com. Os novos abonados poderán recorrer a esas mesmas fórmulas a partir do 16 de xullo.


Tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonados son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, so poderá asistir co mesmo aos partidos a persoa á que está asignada o carnet. Como novidade, esta temporada introdúcese o carnet de empresa (consultar condicións no local social).


Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico, poderán solicitalo no local social.


Horario local social


O local social do club estará aberto para os trámites de realización de carnet de abonados o xoves 15 de 11:00h a 13:00h e 17:30h a 19:30h, o venres 16 de 17:30h a 19:30h e a partir do luns 19 de xuño e ata o venres 14 de xullo en horario de 11:00h a 13:00h e 18:00h a 20:00h.

Nova plataforma online

O club estrea nova plataforma para a campaña de abonados e a venda de entradas. A través de noiafs.compralaentrada.com e seguindo o procedemento, todos os que desexen poderán renovar ou realizar o seu abono, ademais de mercar entradas para os partidos no Municipal Agustín Mourís.


Información abonos


RENOVACIÓNS (do 15 de xuño ao 15 de xullo)


ABONO SENTIMENTO: 170€ (inclúe todos os partidos de Liga, PlayOff, Copa do Rei, Copa Galicia, amigables e NON ten suplemento do día do club)


ABONO XERAL: 130€ (inclúe todos os partidos de Liga a excepción dos declarados día do club. O resto de abonos especificados a continuación seguen as mesmas regras)


ABONO XUVENIL: 100€ (desde 14 ata 17 anos)


ABONO INFANTIL: 80€ (menores de 14 anos)


ABONO FAMILIAR: 300€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 18 anos)


ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (NON inclúe entradas a partidos, SI inclúe entradas a prezo de socio en partidos que non sexan de Liga)


A PARTIR DO 16 DE XULLO


ABONO SENTIMENTO: 190€ (inclúe todos os partidos de Liga, PlayOff, Copa do Rei, Copa Galicia, amigables e NON ten suplemento do día do club)


ABONO XERAL: 140€ (inclúe todos os partidos de Liga a excepción dos declarados día do club. O resto de abonos especificados a continuación seguen as mesmas regras)


ABONO XUVENIL: 105€ (desde 14 ata 17 anos)


ABONO INFANTIL: 85€ (menores de 14 anos)


ABONO FAMILIAR: 320€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 18 anos)


ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (NON inclúe entradas a partidos, SI inclúe entradas a prezo de socio en partidos que non sexan de Liga)

Comments


bottom of page