top of page
escuela24-25.jpg

INSCRICIÓN 2024/2025

Cartel-inscrición-escola-deportiva-24-25-stories.jpg

A temporada 2024/2025 da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xa está aquí! Tras finalizar o período de preinscrición, o Club abre agora o prazo de inscrición para todos aqueles niños/as nados entre 2006 e 2020 que queiran formar parte dos distintos equipos, de Biberón ata Xuvenil, da nosa Base.

Onde podo realizar a inscrición?

A inscrición poderase realizar tanto no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7) como no formulario online amosado arriba, con data límite o luns 30 de setembro, incluído. No caso de levarse a cabo no Local Social, solicítase presentar DNI do neno/a e do pai/nai/titor a cargo.

Procedemento de pago da cota

Como novidade para esta temporada, o Club adopta a opción do fraccionamiento de pago da cota de inscrición para axudar a todas aquelas familias que non poidan asumilo de maneira inmediata. Todos aqueles que SI fixeran a preinscrición, deberán abonar este mes de setembro 30€. Os que NON participaran do proceso de preinscrición, pagarán 60€ este mes de setembro, que se realizará por transferencia bancaria ou efectivo.
 

A estes pagos engádesenlle 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 22,5€ cada unha, que completarán a cota total de 195€ (en caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 144€) e que se abonarán por medio de domiciliación bancaria.


Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.

Reunión informativa para pais e nais


O vindeiro mércores 11 de setembro ás 17:00h no Edificio do Casino de Noia levarase a cabo unha reunión informativa para pais e nais de nenos/as en idade de categorías biberón ata cadete interesados en formar parte da Escola Deportiva do Club.

Pack de roupa

O prezo do pack de roupa obrigatorio será de a partir de 95€ para os nenos/as pertencentes á Escola Deportiva a temporada pasada e de a partir de 160€ para os novos inscritos.

Edades e categorías

Biberón: 2019-2020

Prebenxamín: 2017-2018

Benxamín: 2015-2016

Alevín: 2013-2014

Infantil: 2011-2012

Cadete: 2009-2010

Xuvenil: 2006-2007-2008

Contacto

Para máis información, o Club habilita as vías de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com e do número de teléfono 676 78 18 68, soamente por WhatsApp.

bottom of page