top of page

A Cartaxena no debut da Primeira División 23/24 | Coñece o calendario completo!

A xornada inicial xogarase a fin de semana do 2 de setembro, e sete días máis tarde, o primeiro partido na casa, ante Córdoba Patrimonio de la Humanidad.


O Noia Portus Apostoli FS e os quince restantes equipos da Primeira División de fútbol sala xa saben cal será o seu calendario na temporada 23/24, con catro xornadas entre semana e fortemente condicionado polos paróns FIFA, que serán cinco entre setembro e abril.


A era Tomás de Dios arrancará en partido oficial na cancha do Jimbee Cartagena, o fin de semana do 2 de setembro, provocando así que, por terceira campaña seguida, os noieses debuten como visitantes. A estrea no Mourís sucederase o día 9 contra o Córdoba Patrimonio de la Humanidad, quen curiosamente fora o primeiro rival hai un ano.


Unha das datas máis sinaladas é a visita do Barça, que se o curso pasado foi cedo, este serao máis. Xornada 4, a fin de semana do 30 de setembro, foi a que o azar designou para que os nosos se batan ante o campión ligueiro. O de Europa, Mallorca Palma Futsal, verdugo no histórico PlayOff, visitará Noia o 30 de marzo, na xornada 25, xusto despois da disputa dunha Copa de España que se retrasa en comparación á de Granada.

A primeira volta terminará en casa, recibindo a outro histórico como Movistar Inter o 9 de decembro. A diferenza do habitual, a segunda volta comezará aínda en 2023, o 23 de decembro ante Jimbee Cartagena no Mourís, polo que o primeiro envite do 2024 será en Córdoba, o 13 de xaneiro, único partido de Liga dese mes.

A Liga regular rematará en Noia o 4 de maio, coa visita do Real Betis Futsal, e sete días despois os brancos visitarán Torrexón de Ardoz para disputar a 30ª e definitiva xornada. O PlayOff polo título dará saída dúas semanas máis tarde, o 24 de maio, xa que entre medias disputarase a Final Four da Copa do Rei.


Calendario completo - Primera División 23-24
.pdf
Download PDF • 23KB


Os paróns, protagonistas de novo

Ata cinco se darán esta temporada, máis aló do que supón a disputa da Supercopa de España entre o 6 e o 7 de xaneiro, por motivos de compromisos FIFA. Os máis reseñables, os dous de setembro e outubro, entre a xornada 1 e a 5, e o que manterá a competición detida un mes, do 13 de xaneiro ao 14 de febreiro. Decembro e abril tamén contarán con semanas de parón.



bottom of page