top of page

Tomás de Dios, novo adestrador do Noia Portus Apostoli FS

O técnico salmantino e o club comprométense para a próxima temporada, con opción de prorrogar a unión un curso máis.


O Noia Portus Apostoli FS 2023/2024 xa ten patrón. Tomás de Dios López (Burdeos, Francia, 11/05/1965) convértese en novo adestrador do primeiro equipo noiés, asinando por unha temporada con opción de ampliar unha máis.

O técnico salmantino chega ao Agustín Mourís cunha dilatada traxectoria ás súas costas traducida en 30 anos nos bancos por numerosos destinos. Entre eles, o período entre 2008 e 2012 no Autos Lobelle Santiago FS, co que logrou a Supercopa de España en 2010. Tamén dirixiu en Galicia a Celta de Vigo, Leis Pontevedra FS e Pescados Rubén Burela FS. As dúas últimas campañas, estivo aos mandos da Unión África Ceutí en Segunda División.

Os equipos de Tomás de Dios caracterízanse por demostrar moita personalidade na pista, con aspectos innegociables como a intensidade no xogo a través dunha defensa presionante, e un estilo vistoso no apartado atacante.

Benvido a Noia, benvido á túa nova casa, Tomás, a túa sorte será a nosa!


Traxectoria


1994/1995-1995/1996: Filial Sol Fuerza Salamanca (Primeira Nacional A)


1996/1997: Sol Fuerza Salamanca (Primeira División)

1998/1999-2000/2001: AD Albense FS (Primeira Nacional A)

2001/2002: Bérgamo (Italia) (Primeira División)

2002/2003: Castro Urdiales (Segunda División)

2003/2004: Melilla (Segunda División)

2004/2005-2005/2006: Autos Lobelle Santiago (2º adestrador, Primeira División)


2006/2007: Celta de Vigo (Primeira División)

2007/2008: Leis Pontevedra FS (Primeira División)

2008/2009-2011/2012: Autos Lobelle Santiago FS (Primeira División)

2012/2013: Fisiomedia Manacor (Primeira División)

2013-2016: seleccionador nacional de Guatemala

2017: Pescados Rubén Burela FS (Primeira División)

2018/2019-2020/2021: FS Salamanca Unionistas (Terceira División)

2021/2022-2022/2023: Unión África Ceutí (Segunda División)


Palmarés

Campión Supercopa de España 2010

Campión Copa de España 2006 (segundo adestrador)

5 veces campión de Copa Galicia (1 como segundo adestrador)

Campión Copa UNCAF 2016

Participación no Mundial 2016

bottom of page