top of page

Rufino, versatilidade e pundonor para o equipo de Tomás de Dios

O á-pivote arxentino é o quinto reforzo noiés de cara á temporada 2023/2024, procedente de Industrias Santa Coloma.


Santiago Martín Rufino (Bos Aires, Arxentina, 26/05/2000) asina polas dúas próximas campañas para convertirse na quinta incorporación do Noia Portus Apostoli FS para a 23/24, que se vai acercando pouco a pouco co inicio da pretemporada a poucas semanas vista.

Rufino é un á-pivote zurdo, cuxo xogo se caracteriza pola competitividade e intensidade, ademais do descaro no referente ao apartado ofensivo, onde grazas á súa habilidade para xogar tanto no á como no pivote, dotará de polivalencia ao equipo de Tomás de Dios. O arxentino chega procedente de Industrias Santa Coloma, onde estivo cedido os dous últimos cursos polo Barça, disciplina á que se incorporou en 2018 desde o Pinocho Futsal da súa terra. Na 20/21 anotou 22 goles co filial culé en Segunda División.

A pesar da súa xuventude, con 23 anos recén cumpridos, o ter formado parte dunha estrutura como a barcelonista, o contar xa con 49 partidos en Primeira e unha Final Four de Copa do Rei ás súas costas e o ser un habitual nas inferiores e na absoluta da selección arxentina apórtanlle tamén unha importante dose de experiencia ao máis alto nivel.

Benvido á túa nova casa, benvido a Noia, “Rufa”!

Comments


bottom of page