top of page

Pola, máis liderado e carácter gañador para o Noia Portus Apostoli FS

O á-peche vigués, un dos mellores xogadores españois dos últimos tempos, asina co conxunto noiés para a temporada 23/24.


Adrián Alonso Pereira, “Pola” (Vigo, 26/06/1988), convértese en novo xogador do Noia Portus Apostoli FS. O equipo de Tomás de Dios engade ao seu esquema a un dos mellores xogadores españois da última década, campión de Europa coa Selección e multicampión a nivel de clubes.

Hoxe un inconfundible do noso deporte, Pola comezou a súa carrera no Redondela FS, antes de dar o paso ao Autos Lobelle Santiago, no que, tras unha breve estadía no FS Nazareno, asentouse como unha das maiores promesas do fútbol sala nacional da man do que volverá a ser o seu adestrador en Noia, Tomás de Dios. Iso valeulle o seu pase a todo un Movistar Inter, no que en 10 anos medrou ata transformarse en capitán xeral dun dos mellores equipos da historia, facéndose tamén imprescindible na Selección Española coa que ergueu o Europeo de 2016, anotando 2 goles na final. O pasado xaneiro regresou ao club interista tras pasar a anterior temporada e media no SC Braga portugués e no Sandro Abate italiano.

No seu palmarés en clubes atópanse 2 UEFA Futsal Cup, 6 Ligas, 5 Copa de España, 2 Copa do Rei, 6 Supercopa de España e 2 Copa Galicia, o que representa á perfección a súa experiencia e carácter gañador, ao que tamén suma un xene para o liderado que demostrou ao largo da súa carreira.

Benvido a Noia, que é a túa nova casa, Pola!

bottom of page