O Club noiés segue construíndo presente e futuro coa incorporación do á destro de 18 anos, internacional nas inferiores arxentinas e procedente de Pinocho Futsal.
![](https://static.wixstatic.com/media/46ef3d_98e6a426752f4473b5e704a481934149~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_551,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/46ef3d_98e6a426752f4473b5e704a481934149~mv2.jpg)
Matías Bonino (Bos Aires, Arxentina, 14/10/2005), un dos xóvenes con maior proxección do fútbol sala arxentino, reforzará a partir de xaneiro a disciplina do Noia Portus Apostoli FS. O á destro, de 18 anos, vincúlase co Club noiés ata xuño de 2027.
Hábil con ambas pernas, Bonino caracterízase principalmente pola súa faceta ofensiva, na que demostra o seu descaro no un contra un e no disparo exterior, potencia e velocidade na conducción de balón, ademais dunha gran capacidade de asociación co compañeiro.
A súa carreira deportiva transcurriu, desde os 4 anos e ata agora, de maneira íntegra en Pinocho Futsal. Neste Club do barrio de Villa Urquiza, en Bos Aires, formáronse tamén Altamirano e Rufino, dous dos cinco compatriotas cos que se atopará no Agustín Mourís.
Á súa vez, Mati é un habitual nas convocatorias das inferiores arxentinas. Hai un ano conquistou a Winter Cup coa Sub-20, e o pasado mes de xuño proclamouse campión do Sudamericano Sub-17, superando a Brasil na final.
Benvido a Noia, Mati, agardámoste cos brazos abertos na túa nova casa!
Comments