top of page

A fortaleza de Matheus Preá chega ao pivote do Noia Portus Apostoli FS

O brasileiro de 30 anos asina por dúas temporadas, procedente do Viña Albali Valdepeñas.


Matheus Caíque de Alencar Souza (Araripina, Pernambuco, Brasil, 23/05/1993) é o segundo reforzo do Noia Portus Apostoli FS para a temporada 2023/2024. O pivote, máis coñecido como “Matheus Preá”, comprométese co club noiés para as dúas próximas campañas.

Diestro, aínda que tamén hábil coa zurda, Preá destaca sobre o 40x20 polo seu poderío físico e o seu bo facer no xogo de costas a portería. Nos seus tres cursos no Viña Albali Valdepeñas, equipo do que procede e co que foi subcampión da Copa do Rei 21/22, anotou en total 27 tantos en Primeira División.

A súa carreira deportiva comezou en Brasil, con pasos polo Porto PE, Socorrense e o Serra Talhada, antes de aterrar no MFK Ayat de Casaquistán, co que conseguiu 41 tantos en 28 encontros.

Benvido a Noia, Matheus, esta é a túa nova casa!

Comments


bottom of page