top of page

Manu Cossío, novo segundo adestrador do Noia Portus Apostoli FS

O arousán será a man dereita de Tomás de Dios durante o curso 23/24.


Un home de fútbol sala, con multitude de experiencias por varios clubes do noso deporte e da nosa comunidade. Ese é Manuel López Cossío (Vilanova de Arousa, 1977), que chega a Noia para asumir o posto de segundo adestrador do primeiro equipo.

Cossío conta cunha dilatada traxectoria nos bancos, aínda que a súa relación co fútbol sala comezou como xogador, principalmente no Leis Pontevedra. Na provincia pontevedresa desenvolveu gran parte da súa actividade ata a data, xa que, ademais de no primeiro equipo e na base do Leis, tamén pasou como primeiro adestrador polos equipos femininos do O Fisgón Futsal (actual Marín Futsal) e o Poio Pescamar FS, co que foi subcampión da Copa da Raíña en 2020 e campión de Copa Galicia en 2022.

Fóra de Galicia, Cossío tamén foi segundo adestrador do Atlético Benavente. A súa última experiencia foi a súa única no estranxeiro, como técnico do Rovigo Orange da Primeira División do fútbol sala feminino italiano.


Benvido á túa nova casa, Manu!

Comments


bottom of page