top of page

Un seguro de gol coa chegada de David Pazos a Noia

O á amaense, máximo goleador da Segunda División 22/23, comprométese co Portus Apostoli para as dúas vindeiras temporadas.


O Noia Portus Apostoli FS consegue sumar máis gol ao seu plantel coa sinatura para as dúas próximas campañas de David Pazos Fuentes (Ames, 21/11/1993), á procedente do Pescados Rubén Burela FS, co que rozou o ascenso e foi máximo anotador da Segunda División esta pasada temporada anotando 37 dianas.

Ademais de puntería, Pazos aportará tamén á escadra noiesa experiencia, a pesar de nin alcanzar os 30 anos. E é que, desde que debutara co Santiago Futsal en Primeira aos 17, precisamente ás ordes do seu novo técnico Tomás de Dios, o amaense non se apartou do alto nivel, con pasos polo propio Santiago Futsal, Movistar Inter (co que conquistou a UEFA Futsal Cup 2017, dúas Ligas, unha Copa de España e unha Copa do Rei), Ribera Navarra, Palma Futsal e, por último, Pescados Rubén Burela FS, nun período no que tamén foi internacional coa Selección Española absoluta.


Un xogador versátil, intelixente, competitivo, con olfacto goleador e que, sobre todo nesta recente etapa da súa carreira, desenvolveu a capacidade de liderado, todos eles ingredientes necesarios para un Noia Portus Apostoli FS que pretende asentarse na Primeira División.

Noia tamén é agora a túa casa, David, benvido ao equipo!



Commentaires


bottom of page