O brasileiro, recente finalista de Liga co Jaén Paraíso Interior FS, será noiés as dúas próximas campañas.
O conxunto de Tomás de Dios apuntala a súa sala de máquinas cun refuerzo de altura. Attos Cristhian Mendes da Silva (Porangatu, Goiás, Brasil, 18/06/1992) convértese en novo xogador do Portus Apostoli 23/24, asinando o seu compromiso co club para as próximas dúas temporadas.
Contundencia e seguridade definen a este peche, formado en Goiás e Minas Tenis Club, con case unha década de experiencia na Liga española. Despois da súa chegada ao Mallorca Palma Futsal en 2014, Attos militou tamén nas filas de Jimbee Cartagena (en dúas etapas), O Parrulo Ferrol FS e os tres últimos cursos en Jaén Paraíso Interior FS, onde no recentemente finalizado foi peza clave no triunfo na Copa de España e no subcampionato de Liga, que se unen no seu palmarés á Taça de Brasil e os tres Campionatos Mineiros que conquistou no seu país.
O brasileiro é o cuarto reforzo do conxunto branco de cara á temporada entrante, tras Nico Sarmiento, Matheus Preá e David Pazos. Os catro únense ás renovacións de Lluc, Power Raggiati e Altamirano, ademais das continuidades dos xogadores con contrato Pirata, Douglas, Nico Rosa e Álex García.
Encantados de recibirche na túa nova casa, Attos, benvido a Noia!
Comments