top of page

Marcelo, Alisson e Nejc Hozjan non continuarán no Noia Portus Apostoli

Os brasileiros regresan ao seu club de orixe tras finalizar a súa cesión, mentres que o esloveno termina contrato.

O esloveno Nejc Hozjan durante o partido contra Movistar Inter (foto: Pichero)

Marcelo, Alisson e Nejc Hozjan non vestirán a camiseta do Noia Portus Apostoli FS a próxima temporada. No caso dos dous brasileiros, ambos regresarán de volta ao Mallorca Palma Futsal, club que posúe os seus dereitos, tras finalizar a súa cesión; pola súa parte, o contrato do esloveno, que toca ao seu fin o 30 de xuño, non será renovado.



Marcelo


O peche de Campo Mourão chegou a Noia no tramo final da temporada 21/22, a tempo para erguer os títulos de campión de Segunda División e de Copa Galicia. Xa desde o comezo, esta pasada 22/23 o de 23 anos puido demostrar o que prometía: ser un xogador con personalidade, carácter e capaz de plantar cara a calquera pivote. En total, Marcelo disputou 40 partidos oficiais, logrando 11 tantos.


Alisson


O pivote de Guarulhos foi o último en chegar o pasado mercado de verán, e pouco despois viuse obrigado a regresar ao seu país a solucionar problemas burocráticos, o que decimou o seu acondicionamento ao equipo. Co paso dos partidos, foi gañando en protagonismo ata alcanzar os 33 e sumar 7 dianas, que aportaron á causa para lograr a clasificación ao PlayOff polo título e a segunda Copa Galicia.



Nejc Hozjan



Unha larga lesión na parte inicial do curso lastrou a adaptación do esloveno ao bloque noiés na súa primeira experiencia en España. No seu paso polo Portus Apostoli, Hozjan disputou 15 encontros oficiais e gañou o campionato de Copa Galicia.


O club quere agradecerlle aos tres xogadores os servizos prestados durante a súa estadía en Noia e desexarlle a mellor das sortes tanto no apartado persoal como no profesional.

Commentaires


bottom of page