O brasileiro regresa ao seu Club de orixe, mentres que os arxentinos finalizan contrato este 30 de xuño.
Os xogadores Machado, Nico Rosa e Sarmiento finalizan os seus periplos no Noia Portus Apostoli FS. No caso do á-peche brasileiro, regresará a Mallorca Palma Futsal tras dous cursos como branco, mentres que o á-pivote e o porteiro arxentinos pechan a súa vinculación coa entidade noiesa ao concluír os seus contratos este próximo 30 de xuño.
Machado
O de Blumenau chegou a Noia no verán de 2022 para formar parte do plantel debutante en Primeira División, tranformándose paso a paso nunha peza importante no equipo, grazas á súa polivalencia, competitividade e gran calidade de golpeo coa súa potente zurda. Machado despídese do Portus Apostoli cunha histórica participación no PlayOff polo título e dúas Copa Galicia, ademais de con 60 partidos oficiais en total e 19 goles á súa sinatura.
Nico Rosa
Como reforzo invernal en xaneiro de 2023 incorporouse o á-pivote o Portus Apostoli, procedente do América del Sud arxentino. Polo tanto, unha campaña e media defendeu oos intereses noieses Nico Rosa, que desde a súa capacidade para participar desde a banda e a zona de pivote, aportou frescura e versatilidade o equipo, con 48 partidos e 7 goles oficiais no seu haber. O arxentino vaise coa histórica clasificación ao PlayOff polo título e dúas Copa Galicia baixo o brazo.
Sarmiento
Tras unha temporada na disciplina, o gardameta de Bos Aires deixa Noia, a onde chegou procedente do Real Betis Futsal o pasado verán. Sarmiento disputou un total de 23 encontros oficiais nesta apenas terminada 2023/2024, contribuíndo coas súas paradas á permanencia do equipo na máxima categoría do fútbol sala nacional por terceira campaña consecutiva e á última Copa Galicia.
Desde o Club agradéceselle aos tres xogadores a súa profesionalidade e os servizos prestados durante a súa etapa no Noia Portus Apostoli FS, desexándolles tamén a maior das sortes no seu futuro persoal e deportivo.
Comments