top of page

Power Raggiati e o Portus Apostoli conclúen un vínculo para o recordo

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read

Mércores, 28/05/2025 · 20:45h | O peche arxentino despídese do conxunto branco tras catro campañas e media históricas.


Desde o PlayOff polo ascenso a Primeira ata a última permanencia na elite o pasado sábado en Torrexón de Ardoz, unha das constantes no plantel noiés foi Power Raggiati. Catro temporadas y media despois plagadas de grandes momentos, o peche arxentino e o Noia Portus Apostoli FS separan os seus camiños coa satisfacción de completar xuntos un período extraordinario.


Power convertiuse o 3 de xaneiro de 2021 no primeiro arxentino en formar parte do Portus Apostoli. Tras medio curso de adaptación, aos 21 anos foi sumando enteiros ata erixirse en peza clave para conquistar o ascenso e a primeira Copa Galicia FS na 21/22. Xa na máxima categoría, Raggiati non deixou de ser un puntal para adestrador e compañeiros, mantendo un altísimo estatus en máis logros como a participación no PlayOff polo título, as dúas salvacións e tres títulos máis de Copa Galicia FS. De maneira paralela, o seu progreso tamén lle valeu para cumprir o soño de debutar e ser un dos nomes frecuentes nas listas da selección albiceleste absoluta.


Aínda que, máis alá de trofeos e éxitos, Power Raggiati será lembrado no Municipal Agustín Mourís pola súa garra, o seu carácter, o nunca dar un balón por perdido, o deixalo todo pola camiseta do Noia Portus Apostoli FS durante os 152 partidos oficiales que disputou con ela, cifra só superada por Pirata, e o celebrar como se fora o último cada un dos 40 goles que conseguiu.


O Club agradécelle profundamente a Power Raggiati os servizos prestados, así como a súa profesionalidade e compromiso durante estas temporadas e deséxalle a maior das sortes no seu futuro, tanto profesional como persoal.



コメント


bottom of page