top of page

Acordo co Torpedo Nizhny Novgorod ruso para o traspaso de Matheus Preá


Venres, 31/01/2025 · 13:00h | O pivote brasileiro deixa Noia tras unha temporada e media.


O Noia Portus Apostoli FS e o Torpedo Nizhny Novgorod da Superliga de Rusia alcanzaron un acordo para o traspaso do xogador Matheus Preá, polo cal o pivote de 31 anos pasará a formar parte do Club ruso.


Preá incorporouse ao Portus Apostoli no verán de 2023. Unha temporada e media de relación na que o brasileiro vestiu a camiseta branca un total de 36 partidos oficiais, convertindo 15 goles. Como noiés conquistou a XXXII Copa Galicia FS.


O Club agradécelle a súa profesionalidade e os servizos prestados durante a súa estadía en Noia e deséxalle a mellor das sortes tanto no profesional como no persoal.

Comments


bottom of page