
Martes, 14/01/2025 · 20:00h | Xogador e Club finalizan a súa vinculación de mutuo acordo.
Attos deixa de ser xogador do Noia Portus Apostoli FS, despois do acordo alcanzado entre o peche e o Club para terminar a súa relación contractual.
O brasileiro aterrou en Noia no verán de 2023, procedente de Jaén Paraíso Interior FS. Nunha temporada e media vestindo a elástica noiesa disputou 28 encontros, nos que convertiu 3 goles e ergueu unha Copa Galicia.
O Club agradécelle a súa profesionalidade e os servizos prestados durante a súa estadía en Noia e deséxalle a mellor das sortes tanto no profesional como no persoal.
Comments