top of page

O Noia Portus Apostoli FS disputará un amistoso ante o ADCR Caxinas en Portugal

Os brancos visitarán Vila do Conde este mércores 31 ás 21:00h para continuar afinando na preparación de cara ao regreso da competición, o vindeiro 14 de febreiro.

Pirata ante un xogador do ADCR Caxinas no encontro de pretemporada (foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS viaxará á localidade portuguesa de Vila do Conde para enfrontarse en partido amistoso ao ADCR Caxinas, actual 6º clasificado da Liga Placard, este mércores 31 ás 21:00h (20:00 hora local).


Chegada a terceira semana consecutiva sen competición polo parón ligueiro, os noieses poderán executar un simulacro co traballado ata agora nos adestramentos ante un rival que asegura competitividade, como así puideron comprobar no amistoso que disputaron en pretemporada, con triunfo branco por 0-2.


A Primeira División FS volverá para o Noia Portus Apostoli FS o vindeiro mércores 14 de febreiro ás 20:00h, coa visita ao Municipal Agustín Mourís do Osasuna Magna pola xornada 18.


bottom of page