Altamirano e Noia: a historia segue ata 2028
- Departamento prensa Noia PA FS

- 6 hours ago
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS e o xogador Altamirano alcanzaron un acordo para a renovación do seu contrato por dúas temporadas máis, ata xuño de 2028.
A fermosa historia do arxentino na Vila prolongarase, desta manera, ata unha sétima campaña consecutiva vestindo a camiseta do conxunto branco. Nel enrolouse no verán de 2021, procedente da estrutura de ElPozo Murcia Costa Cálida FS. Pouco a pouco foise facendo un oco no equipo, converténdose co paso destes marabillosos anos cheos de éxitos para o Club nun noiés máis e un referente do equipo. Y todo por méritos propios, como a súa paixón e entrega continuas sobre o 40x20, a súa máxica electricidade coa pelota que a tantos ergueu do asento e a súa condición de segundo capitán do vestiario.
Ata a data, disputou 131 encontros oficiais co Portus Apostoli, cifra só superada desde 2017 por Pirata, Power Raggiati e Lluc, aos que está en disposición de superar. Un total de 38 goles levaron a súa sinatura neste período, no que foi peza fundamental dun campionato de Liga de Segunda División FS e ascenso a Primeira, catro títulos de Copa Galicia FS, unha participación no PlayOff polo título de Primeira División FS, salvacións heroicas na elite e moitos momentos memorables máis. E os que quedan por vir nestas dúas temporadas e media.











Comments