top of page

Altamirano e o Portus Apostoli amplían a súa vinculación ata 2025

O contrato do arxentino pasa de vencer en 2024 a facelo un ano máis tarde, con opción de prolongación a 2026.

Leandro Altamirano continuará defendendo a elástica do Noia Portus Apostoli FS ata o ano 2025, con opción de ampliación a 2026, despois de chegar club e xogador a un acordo para prolongar un vínculo que, tras a renovación rubricada o pasado verán, os unía ata xuño de 2024.


O á arxentino de 23 anos está cumprindo o seu segundo curso como xogador do Noia, a onde chegou procedente do ElPozo Murcia Costa Cálida FS. Nese proceso, gañouse a confianza de corpo técnico e afección, grazas ao seu total compromiso e esforzo sobre o 40x20, algo que combina con condicións como a súa excepcional potencia e traballo defensivo.


Desde a súa chegada ao club, Altamirano xogou 65 partidos entre todas as competicións, anotando 17 goles. Nesta campaña 22/23, acumula 3 dianas e 3 asistencias en Primeira División, ademais de 1 tanto en Copa do Rei e outro en Copa Galicia.


O arxentino, "moi contento" por ampliar a súa estadía en Noia


Comments


bottom of page