top of page

Attos recibe a alta médica 7 meses despois


Venres, 13/09/2024 · 18:10h | A súa reincorporación total ao grupo dependerá da súa evolución nas vindeiras semanas.


O xogador Attos recibiu a alta médica por parte do doutor Adrián Gallego, xusto no día no que se cumpren 7 meses da rotura do tendón de Aquiles durante un adestramento que o tivo apartado desde febreiro.


O peche brasileiro estivo compaxinando sesións individuais, traballo co fisio Darío Moure e participación parcial co grupo desde o comezo de pretemporada a finais de agosto. Agora, coa alta médica xa convertida nunha realidade, a súa reincorporación completa ao resto do equipo dependerá da súa evolución nas vindeiras semanas.

Komentáře


bottom of page