top of page

Álex García formará parte do primeiro plantel do Noia Portus Apostoli FS 24/25


Xoves, 04/07/2024 · 18:00h | O á catalá regresa tras un curso cedido no Pescados Rubén Burela FS.


Neste caso non será unha cara nova, senón que alguén xa coñecido pola afección do Agustín Mourís reforzará o primeiro plantel noiés na temporada 2024/2025. Trátase de Álex García Muñoz (Manresa, Barcelona, 12/03/2002), que esta campaña regresa ao conxunto branco tras xogar a pasada como cedido no Pescados Rubén Burela FS a un gran nivel.


Criado na canteira do Barça, Álex chegou a Noia en xaneiro de 2023, procedente do UD Ibiza Gasifred Ciutat d’Eivissa FS, para apuntalar no mercado de inverno un equipo que terminaría alcanzando o PlayOff polo título de Primeira División FS e erguendo a súa segunda Copa Galicia. Nese tempo, o catalán, de 22 anos, anotou 2 goles en 10 partidos disputados.


O pasado verán puxo rumbo a Pescados Rubén Burela FS en calidade de cedido, non sen antes ampliar a súa vinculación co Club noiés ata xuño de 2026. No equipo laranxa demostrou ser un dos mellores xogadores do seu puesto na Segunda División FS, aportando 15 dianas e sendo un dos fixos e importantes nos esquemas dun cuadro burelés que logrou o ascenso a Primeira no PlayOff. Unha grandísima aprendizaxe nas costas para volver con máis forza ao Mourís.


Benvido de volta a casa, Álex!

Comments


bottom of page