top of page

Acordo con Mallorca Palma Futsal para o traspaso de Bruno Gomes

O pivote brasileiro con pasaporte xeorxiano abandona Noia tras dúas temporadas e 64 goles anotados.


Bruno Gomes deixa de ser xogador do Noia Portus Apostoli FS, despois de que o club alcanzara un acordo con Mallorca Palma Futsal para o seu traspaso á entidade balear.

O pivote, de 27 anos, vestiu as cores do Portus Apostoli durante as dúas últimas temporadas, nas que quedou patente a súa gran presenza sobre a pista e a súa capacidade goleadora. 64 tantos anotados en 73 partidos disputados, entre eles os que lle valeron para ser este pasado curso o pichichi do equipo en Primeira, con 18, e o anterior, con 33, converterse no máximo artilleiro histórico do club en Segunda.

Na súa etapa no Agustín Mourís, Gomes formou parte importante dos históricos planteis que conseguiron a clasificación ao PlayOff polo título, o ascenso a Primeira División, o campionato de Liga de Segunda División e as dúas Copa Galicia.

O club quere agradecerlle os servizos prestados durante a súa estadía en Noia e desexarlle a maior das sortes no seu futuro, tanto no apartado persoal como no profesional.

bottom of page