top of page

11 adhesivos para apoiar aos nosos… e que poden ter premio!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 13 hours ago
  • 2 min read

Martes, 20/05/2025 · 11:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Colecciona os once adhesivos de ánimo para o partido decisivo, pégaos e publica en redes mencionando ao Club para dispoñer dun 50% de desconto na camiseta da vindeira temporada!


O Noia Portus Apostoli FS ten unha cita decisiva este sábado 24 de maio ás 20:00h no Pavillón Jorge Garbajosa de Torrexón de Ardoz contra Movistar Inter FS. Os de David Palmas saben que terán detrás a toda unha Vila animándoos, como sempre, neste importantísimo partido. E, para que a nosa afección poida demostralo máis que nunca, o Club pon a disposición 11 tipos distintos de adhesivos con motivos e frases propios do equipo que, ademais, poden ter premio: un 50% de desconto na camiseta da próxima temporada!


Como podo conseguir os adhesivos?

Cada día, desde o martes 20 ata o venres 23, o Club irá anunciando dous ou tres puntos da nosa Vila onde poderás coller os adhesivos. OLLO, cada día e cada hora só haberá un tipo de adhesivo dispoñible, e MÁIS OLLO: haberá varios, pero SÓ SE PODE COLLER UN POR PERSOA.


Un exemplo (e tamén pista): hoxe martes, de 12:00h a 15:00h poderás conseguir un tipo de adhesivo no Municipal Agustín Mourís, e a partir das 17:00h terás a disposición outro adhesivo nun punto distinto de Noia. Os dous primeiros para sumar á colección.



E despois que teño que facer?

Cada vez que logres un adhesivo, pégao, xa sexa na funda do teu móvil, no teu computador, no teu cuarto (se che dan permiso, sempre), no teu material de traballo e/ou estudo ou por un lugar de Noia (sempre con civismo, evitando propiedades privadas alleas ou demáis espazos prohibidos). Fai unha foto ou un vídeo pegando o adhesivo, publícaa nas túas redes sociais (X, Instagram stories ou Facebook) e menciona ao Club.


E como vai o do premio?

Se chegado o venres recollestes as 11 pegatinas e cumpristes todos estes requisitos anteriores, parabéns: a camiseta da vindeira temporada salirache a metade de prezo!

Comments


bottom of page