top of page
noticias2425.jpg

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. Información do responsable do tratamento

 

O Club Noia Fútbol Sala, con domicilio social en r/Carcasía, n.º 16 baixo, 15200 (Noia, A Coruña), correo electrónico de contacto administracion@noiafutbolsala.com, de aquí en adiante o CLUB, é o Responsable do Tratamento dos datos facilitados polo usuario e garante, asimesmo, o seu tratamento e seguridade confidencial, de conformidade co establecido no Regulamento Europeo de Protección de Datos 2016/679, de 27 de abril (RGPD), e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro (LOPDGDD).

 

2. Información sobre a finalidade do tratamento

 

O CLUB tratará os datos persoais aportados polo usuario coas seguintes finalidades:

 

·Garantir o uso e acceso dos contidos presentes na páxina web.

·Formalizar reservas de produtos ou servizos relacionados con merchandising e accións promovidas polo CLUB.

·Realizar inscricións para determinadas actividades que leve a cabo o CLUB, como a Escola Deportiva ou o Campus de Verán.

·Emitir aos usuarios comunicacións comerciais e informativas por e-mail, redes sociais ou calquera outro medio electrónico.

·Xestionar o acceso de persoal de distintos medios de comunicación a eventos deportivos que sucedan no Pavillón Municipal Agustín Mourís.

·Realizar análisis estatísticos e estudos de mercado.

 

3. Terceiros destinatarios dos datos persoais

 

Non está prevista ningunha comunicación de datos persoais a terceros, coa excepción de se fose necesario para o desenvolvemento e execución das finalidades do tratamento, así como a institucións organizadoras de competicións como a RFEF (Real Federación Española de Futbol) ou a RFGF (Real Federación Galega de Fútbol) no caso de desenvolver actividades conxuntas.

 

4. Prazo de conservación

 

O CLUB conservará os datos do usuario mentres dure a súa relación contractual, fixado de maneira estándar nun prazo dun ano. É dicir, os datos non se conservarán máis tempo do necesario para os fins descritos anteriormente, sen perxuízo da conservación que resultase necesaria para a formulación, o exercicio ou a defensa de potenciais reclamacións e/ou sempre que o permitise a lexislación aplicable.

5. Dereitos do usuario

Para acceder a determinados servizos, o usuario deberá cumprimentar formularios. Os mesmos facilítanse de maneira libre e voluntaria, e os datos terán que ser certos e axustados á realidade. O usuario comprométese a facer un uso dilixente e a non poñer a disposición de terceiros o seu nome de usuario e contrasinal.

Os datos que o usuario facilita para a contratación de servizos ou produtos son necesarios para o mantemento da relación contractual, e o feito de non facilitalos supoñería a imposibilidade de poder xestionar dita relación.

O usuario é responsable da veracidade dos datos comunicados e deberá solicitar a súa modificación sempre que fose necesario para asegurar un correcto tratamento dos mesmos, a correcta prestación dos servizos contratados e a realización das comunicacións.

O usuario pode exercer los dereitos de acceso, rectificación ou, no seu caso, oposición ou cancelación dos seus datos cuando xa non foran necesarios para os fins polos que foron recollidos, entre outros motivos.

O usuario poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nas circunstancias establecidas no art. 18 do RGPD, en cuxo caso unicamente serán conservados para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

O usuario poderá retirar o consentemento outorgado en calquera momento, opoñéndose ao tratamento dos seus datos para unha determinada finalidade, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentemento previo á súa retirada ou ben opoñerse ao mesmo, en cuxo caso os seus datos persoais unicamente serán conservados para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

6. Medidas de seguridade

Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos personais, o CLUB está cumprindo con todas as disposicións das normativas RGPD e LOPDGDD para o tratamento dos datos personais da súa responsabilidad, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RGPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

O CLUB garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RGPD e a LOPDGDD co fin de protexer os dereitos e liberdades dos usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.

7. Cambio dos Termos de Privacidade

Ocasionalmente, o CLUB poderá realizar modificacións e correccións na política de Privacidade. Por favor, compróbeo regularmente para consultar os cambios que poidan existir e de que maneira lle poden afectar.

bottom of page