top of page
pabellon2425.jpg

MUNICIPAL AGUSTÍN MOURÍS

MUNICIPAL AGUSTÍN MOURÍS

Tamén chamado coloquialmente "Berberecho Arena" polos máis clásicos, é a sede do Noia PA FS. Aquí forxáronse os momentos que definen a historia do club. Está situado nunha das zonas máis concorridas de Noia, preto da Alameda da vila.

POR QUE AGUSTÍN MOURÍS?

En decembro de 2017, o pavillón pasou a denominarse en homenaxe a Agustín Mourís Hermo, recoñecido deportista da vila e ex concelleiro de deportes, falecido uns meses antes aos 44 anos.

GRANDES MOMENTOS

Aquí viviuse a conquista de dúas das tres Ligas do Grupo I de Segunda B, aquí conseguiuse a Copa Diputación, aquí derrocouse ao Marfil Santa Coloma e ao ElPozo Murcia na Copa do Rei, aquí debutouse e conquistouse a Segunda División, aquí logrouse a clasificación ao PlayOff polo título de Primeira, aquí vese en directo o Sentimento dunha Vila, aquí recibimos campións de Liga e algúns dos mellores clubs de España... e o que queda por contar

AS SÚAS ZONAS

Dende a entrada, pasando pola grada traseira e o palco, ata chegar á zona da Peña Frente Berberecho, sen esquecer o importante, onde pasa o que todos os noieses van a ver: o 40x20.

A METAMORFOSE