top of page

CRÓNICA X2 | (NPA 2–4 CÓR) | Derrota na estrea no Mourís que pasa a segundo plano

O máis importante agora é empuxar todos xuntos para a recuperación de Altamirano. O arxentino foi trasladado en ambulancia ao hospital tras recibir un golpe fortuito de un contrario co xeonllo. Estamos todos contigo, Lean!
O Portus Apostoli cedeu na súa posta en escea ante a súa afección en competición ligueira, na que errou ata catro lanzamentos de dez metros.

Nico Rosa persegue o balón xunto a un rival (foto: Pichero)

Perdeu o Noia Portus Apostoli FS na súa estrea como local na Primera División Fútbol Sala 23/24, pero xa haberá tempo de pensar niso. O duelo quedou marcado polo gran susto que viviu o Agustín Mourís no minuto 36 co desvaecemento de Altamirano tras recibir un golpe fortuito dun rival co xeonllo, que rematou co arxentino evacuado en ambulancia ao hospital, consciente pero cun golpe considerable.

No que foi o fútbol sala, non tivo o seu día o Portus Apostoli en practicamente ninguna das facetas. Cun gran gol de Power rozando o descanso, nivelaron tras varias intentonas os noieses, que tiraron máis de corazón que de cabeza, o 1-0 de Perin no 9’. A segunda metade comezou moi mal, con Mareco aproveitando no primeiro minuto da reanudación a falta de contundencia local nun balón morto para o 1-2 e Muhammad facendo o 1-3 por medio dun disparo colocado no 24’.

Nin sequera os dez metros rescataron a un Noia que non sacou tallada da pouca permisividad no contacto que tivo a activa parella arbitral, e ata catro lanzamentos desa índole fallaron os de Tomás de Dios. O quinto si o converteu Power no 39’, xa tras reemprender o encontro, e incluso Rufino contou cunha oportunidade para empatar co xogo de cinco que, desafortunadamente, detivo Fabio. A 6 segundos do final, Perin sentenciou definitivamente superando a Henrique desde o punto de dez metros.

A próxima semana, de parón na competición, o Noia disputará o Torneo Internacional de Póvoa de Varzim, en Portugal, e a siguiente visitará na terceira xornada liguera ao Osasuna Magna. Pero, hoxe, no club e en toda a vila só se pensa en que Altamirano, en que o noso Lean, se recupere totalmente deste gran susto e poidamos volver a velo con nós o antes posible. Moita forza, Lean, estamos contigo!


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Pola, Lluc (c), David Pazos e Pirata. Tamén xogaron Power Raggiati, Altamirano, Edu Jabá, Rufino, Attos e Nico Rosa.

Córdoba Patrimonio de la Humanidad: Fabio (p) (c), Mareco, Arnaldo Báez, Antoniazzi e Zequi. Tamén xogaron Víctor (p), Pulinho, Perin, Miguel Kenji, Mykytiuk e Muhammad.

Goles: 0-1 Perin (9’), 1-1 Power Raggiati (18’), 1-2 Mareco (21’), 1-3 Muhammad (24’), 2-3 Power Raggiati (39’), 2-4 Perin (40’).

Os colexiados cántabros Sergio Sánchez Llorente e Víctor Toca Campo amoestaron con cartón amarelo polos locais a Pirata (15’), Pola (16’), Altamirano (23’), Power Raggiati (37’) e Iván (40’) e polos visitantes a Antoniazzi (22’), Perin (24’), Zequi (36') e Fabio (39’).

Incidencias: partido correspondente á xornada 2 da Primera División Fútbol Sala, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 660 espectadores.

Comments


bottom of page