Acabou a temporada competitiva 2022/2023 para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS co ascenso do Xuvenil a Liga Galega!
XUVENIL
O noso Xuvenil competirá o curso que vén na Liga Galega! Obxectivo conseguido para os dirixidos por Daniel Ventoso, que dominaron a final polo ascenso na pista e no marcador desde a primeira xogada do partido contra o Club del Mar San Amaro, grazas ao tanto de Hugo Romero, nun Municipal Agustín Mourís que quería festexar. Pau Codony, cun certeiro remate, colocou o 2-0 antes do descanso. Os coruñeses recortaron distanzas no minuto 35, pero o gol de Hugo Romero no 45' aportou a calma necesaria aos noieses, que sentenzaron no 50' co gol de Sito para culminar o 1-4 definitivo. Parabéns, campións, sodes o orgullo do club e da vila!
Comments