top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 7 partidos nunha nova xornada!



Sete partidos terá esta vindeira xornada a Escola Deportiva noiesa, que comeza o xoves en Redondela, co último partido ligueiro do Xuvenil de Liga Galega FS, e terminará o domingo no Municipal Agustín Mourís.



Campito Chapela FS vs XUVENIL
X30 Liga Galega FS | XOV. 16/05 | 21:00h

O Xuvenil de Liga Galega FS pon peche a unha temporada histórica, a do título e ascenso a División de Honra, este xoves 16 ás 21:00h, visitando ao Campito Chapela FS na última xornada ligueira. Os de Daniel Ventoso buscarán a vitoria en Redondela para colocar o broche perfecto ao curso 2023/2024.



CD Compañía de María vs CADETE Lluc
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 18/05 | 12:30h

O Cadete Lluc disputa o seu partido da 6ª e penúltima xornada copeira ante o CD Compañía de María, este sábado 18 ás 12:30h no Pavillón Compañía de María.



Jogafán Ordes FS "B" vs CADETE Henrique e Jabá
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 18/05 | 17:30h

Mesma data para o Cadete Henrique e Jabá, que ás 17:30h visitará ao Jogafán Ordes FS "B" pola sexta xornada do grupo 1 de Copa.



ALEVÍN Altamirano vs ALEVÍN Pirata
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 17:00h

Duelo noiés na tarde do domingo, cando ás 17:00h se verán as caras no Municipal Agustín Mourís o Alevín Altamirano e o Alevín Pirata.



BENXAMÍN Sarmiento vs Club Melide FS "B"
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 18:00h

O Benxamín Sarmiento xoga este domingo 19 ás 18:00h ante o Club Melide FS "B", na cuarta e tamén penúltima xornada do grupo 1 de Copa.



At. Fátima "B" vs PB Matheus e Attos X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 12:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos afronta a cuarta xornada copeira este domingo 19 ás 12:00h no Municipal Apóstol Santiago fronte ao Atlético Fátima "B".



PB Machado e Power vs UD Estrada FS
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 19/05 | 19:00h

Concluirá a xornada o Prebenxamín Machado e Power co seu cuarto partido no grupo 2 de Copa, que xogará este domingo 19 ás 19:00h contra o UD Estrada FS no Mourís.


Comments


bottom of page