O Portus Apostoli tumba ao líder e campión de Liga e Europa grazas a unha actuación xigante de principio a fin no feudo blaugrana, onde centos de afeccionados brancos animaron sen cesar aos seus.
Con este resultado, os noieses alcanzan os 32 puntos tras 22 partidos disputados, na súa temporada de debut na Primeira División.
Un novo capítulo para a historia do Noia Portus Apostoli FS. Na súa primeira visita ao Palau Blaugrana, os irreductibles brancos non só se atreveron a mirar de ti a ti a todo un Barça, senón que lograron conquistar a fortaleza do líder e actual campión de Liga e Europa nun partido impecable dos de Marlon Velasco.
Dous goles nun minuto e uns segundos foron a carta de presentación dunha primera metade trepidante, na que o Noia Portus Apostoli FS non só non lle perdeu a cara ao encontro, senón que se amosou sen complexos na cancha do todopoderoso Barça.
Porque empatar segundos despois do gol de Ferrao no primeiro minuto, na súa reaparición e cun Palau entregado e con gran entrada, non é cousa sinxela. O tanto de Alisson devolveu unha igualdade que logo se demostrou sobre a pista, a pesar das diferenzas entre ambas plantillas.
As catro faltas en apenas sete minutos tampouco puideron cun Portus Apostoli que se defendía ben, con Henrique á cabeza, e aproximouse con regularidade sobre a meta de Feixas. Nunha desas, Edu Jabá pillou nun improvisto ao portero local para, estirando a perna esquerda, completar unha volea que supuxo o 1-2 no 17’.
Xa na reanudación, o 2-2 de Pito, nun dos poucos erros atrás dos noieses, parecía iniciar o camiño da cordura, do cal escapou o cadro de Marlon Velasco replicando co 2-3 apenas un minuto despois, froito do lanzamento de falta de Power Raggiati, que se colou con algo de fortuna.
O delirio do centenar de afeccionados brancos na grada desatouse definitivamente no minuto 28 co 2-4, obra de Douglas, o premio á insistencia e a seguir buscando o seguinte gol a pesar de xa ir con ventaxa no Palau.
A partir de aí si que tocou poñerse o mono de traballo. E, para iso, ter a un porteiro como Henrique baixo paus un seguro de vida. Cando os culés eran capaces de superar o entramado defensivo noiés, o meta sacaba pes, brazos e o que fixera falla para negar o tanto a un conxunto blaugrana que empezaba a entrar en estado de frustración.
Con 5 minutos para o final, Jesús Velasco viu claro que só había unha forma de intentar dobregar aos rebeldes noieses, que puideron sentenciar o partido nalgunha chegada en transición, e era co xogo de cinco. Matheus entrou coa camiseta de porteiro-xogador, pero a cousa pouco cambiou, a pesar de contar con oportunidades claras, entre elas un dez metros executado por Pito ao que tamén emerxeu Henrique para manter o resultado. Nada pudo facer no 3-4, xa no último minuto, anotado por un Adolfo ao que lle rebotou o balón na área, nun intento de despexe visitante.
46 segundos restaban, e con eles o último empuxón barcelonista. O cadro catalán plantouse para el en pista con xogadores da talla mundial de Pito, Adolfo, Matheus ou Sergio Lozano, o que tivo a ultimísima, cun remate que saiu alto, e que fixo realidade o que parecía un soño, algo inimaxinable. Un equipo e unha afección dunha vila de apenas 14.000 habitantes demostrou, nun pavillón mítico como é o Palau, ser tamén un xigante.
Con este resultado histórico, os noieses alcanzan os 32 puntos, superando a barreira dos 30 que adoita fixar a zona de descenso. A próxima semana, visita o Agustín Mourís o Jaén Paraíso Interior FS en partido da xornada 23 do campeonato ligueiro.
Ficha técnica
Barça: Feixas (p), Ortiz, Adolfo, Catela e Ferrao. Tamén xogaron André Coelho, Matheus, Sergio Lozano (c), Sergio González, Antonio.
Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Marcelo, Lluc (c), Nico Rosa e Alisson. Tamén xogaron Power Raggiati, Altamirano, Bruno Gomes, Edu Jabá, Pirata y Machado.
Goles: 1-0 Ferrao (1’), 1-1 Alisson (2’), 1-2 Edu Jabá (17’), 2-2 Pito (24’), 2-3 Power Raggiati (25’), 2-4 Douglas (28’), 3-4 Adolfo (40’).
Os colexiados aragoneses José Lázaro Angulo e Tomás Santander Flamarique enseñaron amarela polos locais a Sergio Lozano (20‘). Polos visitantes, a Power Raggiati (17’), Edu Jabá (18’), Douglas (30‘), Pirata (31‘), Bruno Gomes (38’) e o preparador físico Adrián González (34’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 22 da Primera División, disputado no Palau Blaugrana de Barcelona ante 3.039 espectadores.
Kommentare