top of page

Altamirano, Power, Bruno Gomes e Hozjan, chamados polas súas seleccións

Os catro xogadores do Portus Apostoli afrontarán distintos compromisos internacionais durante os próximos días.

Esta semana que acaba de comezar será de descanso competitivo para o Noia Portus Apostoli FS polo parón ligueiro, pero non para catro dos seus xogadores. Altamirano e Power Raggiati por Arxentina, Bruno Gomes por Xeorcia e Nejc Hozjan por Eslovenia foron chamados polas súas seleccións para disputar partidos internacionais nos vindeiros días.


A Arxentina de Altamirano e Power Raggiati viaxará a Costa Rica para enfrontarse ao combinado local o sábado 4 de marzo e o luns 6 de marzo, en ambos encontros de carácter amistoso.


A Xeorxia de Bruno Gomes disputa o último partido do Grupo 2 da Main Round do clasificatorio ao Mundial 2024, visitando á selección de Bélxica o martes 7 de marzo ás 19:30h. Xeorxia é actualmente primeira de grupo con 9 puntos de 9 posibles.


A Eslovenia de Nejc Hozjan afronta dous encontros do Grupo 5 da Main Round do clasificatorio ao Mundial 2024. O primeiro, en Montenegro o venres 3 de marzo ás 18:00h, e o segundo na casa ante Casaquistán o mércores 8 de marzo ás 18:00h. Eslovenia ocupa o segundo lugar do seu grupo con 3 puntos de 6 posibles.

bottom of page